Rappel adiviñará o futuro dos seareiros de Samsung

martes, 12 de xaneiro do 2021 Marcus Fernández

Esta semana Samsung dará a coñecer o seu novo móbil insignia, xa que a data do Mobile World Congress deste ano fai que non teña sentido agardar a finais de febreiro para amosar as súas cartas, e para ir quecendo motores e chamar a atención do público español desenvolverá mañá de 16:00 a 20:00 horas unha orixinal acción chamada La Hora Galáctica que consistirá en ceder o control da conta de Twitter de Samsung España ao adiviño Rappel, quen responderá ás preguntas que lle fagan os usuarios sobre o seu futuro.
Un curioso xeito para captar a atención nunha das grandes presentacións tecnolóxicas do ano, na que verá a luz a primeira vaga de produtos Samsung Galaxy, que previsiblemente serán o referente tecnolóxico durante a primeira metade do ano.

PUBLICIDADE