Raspberry Pi estrea un módulo de cámara con IA
luns, 30 de setembro do 2024
Nos últimos anos son moitos os proxectos que tiraron proveito dos produtos de Raspberry Pi para realizar solucións a medida, entre os que non fallan proxectos no ámbito da intelixencia artificial, para o que lanzaron un kit hai uns meses cun módulo capaz de realizar até 13 TOPS neurais, e agora complétano cunha cámara.
A Raspberry Pi AI Camera é basicamente un módulo para Raspberry Pi que inclúe un sensor de imaxe Sony IMX500 capaz de captar 10 imaxes por segundo cunha resolución de 4.056 x 3.040 píxeles ou até 30 imaxes por segundo cunha resolución de 2.028 x 1.520 píxeles, cun campo de visión de 78 graos e apoiando o procesamento das imaxes cun procesador neural RP2040.
Temos así unha solución para a construción de aplicacións que permiten detectar e rastrexar obxectos ou incluso recoñecer as posturas de persoas, o que pode resultar de grande utilidade para desenvolver software que recoñeza o contorno e actúe en consecuencia dun xeito automático, o que pode resultar de grande utilidade para solucións domóticas ou de seguridade, así como para moitos outros proxectos de I+D (como os de robótica) nos que a imaxe e o seu procesamento en tempo real xoguen un papel crucial.
O produto ten un prezo oficial de 70 dólares, o que en España tradúcese nuns 76,95 euros e en Francia nuns 80,40 euros.
- A cámara achega a imaxe procesada mediante IA a solucións baseadas en Raspberry Pi