Ratchet & Clank chegará a PS4 en abril

martes, 12 de xaneiro do 2016 Marcus Fernández

Para os seareiros das consolas de Sony, Ratchet & Clank é un auténtico clásico imprescindible, que finalmente vai contar cunha entrega para a PlayStation 4 o vindeiro 20 de abril, e que xa pode reservarse en formato dixital (a un prezo de 34,99 euros), confirmándose que en breve vai abrir tamén a súa reserva en formato físico, de aí que xa amosen o que será a carátula deste xogo de Insomniac Games.
Ratchet & Clank para PlayStation 4 contará coa historia orixinal desta saga, pero incluíndo novos planetas, xefes, secuencias de voo e moito máis, de xeito que os que gozaran no seu día do xogo orixinal non dubidarán á hora de darlle unha oportunidade a esta revisión adaptada á nova xeración de consolas.

Ratchet & Clank adapta o xogo orixinal á nova xeración de consolas

PUBLICIDADE