Ratifican a senteza contra Dalas Review

venres, 12 de xullo do 2024 Marcus Fernández

Hai un par de anos unha sentenza xudicial facía historia ao condenar a unha youtubeira a pagar unha indenmización por divulgar unha conversa privada entre os tamén youtubeiros María Rubio Miare e Daniel José Santomé Lemus Dalas Review, e este último foi condenado polo Xulgado de Primeira Instancia 5 de Barcelona a pagar 2 indemnizacións de 6.000 euros cada unha por vulnerar a honra e o dereito á imaxe do pai da súa exparella, a mencionada Miare, senteza que vén de ser ratificada.
Esta sentenza resulta especialmente rechamante porque non só obriga á eliminación dos 9 vídeos da canle de YouTube de Dalas Review que consideran que atentan contra a honra do denunciante, senón que inclúe unha condición adicional sen precedentes: o condenado terá que publicar un vídeo semanal durante un mes cunha narración súa lendo a sentenza condenatoria, detallándose que os vídeos non poden estar ocultos e deben manterse publicados un mínimo de 6 meses.