Rayman Adventures chega de balde ás tendas de aplicacións móbiles
xoves, 3 de decembro do 2015
Dende o seu reboot
os xogos de Rayman están a causar furor en consolas de videoxogos e
dispositivos móbiles polos seus orixinais, coidados e divertidos deseños e pola
súa acción frenética, e agora temos finalmente o terceiro xogo móbil desta saga,
Rayman Adventures, que destaca fronte
a Rayman Jungle Run e Rayman Fiesta Run por ser o primeiro en
optar pola fórmula do free-to-play.
Dende hoxe podemos descargar
de balde Rayman Adventures para iOS
e para
Android, o que nos permite embarcarnos nunha aventura asombrosa a través de
mundos de lenda coa misión de rescatar aos Incrediballs.
Teremos asà unha combinación de acción e exploración, xa que debemos buscar e coleccionar todos os Incrediballs para levalos de volta a
casa. Tamén podemos desatar o poder dos Incrediballs
para conquistar aventuras épicas, podemos coidalos e incluso facer medrar a
árbore máis grande do mundo (elemento competitivo do xogo).
AÃnda que o xogo é de balde, no mesmo pódense mercar obxectos con cartos reais,
que é o modelo de negocio elixido por este excelente xogo de Ubisoft que
comprobará se esta fórmula é máis rendible que a venda tradicional de xogos
descargables.
Tráiler de lanzamento de Rayman Adventures