Razer lanza un rato para xogadores zurdos

mércores, 17 de marzo do 2010 Marcus Fernández

Os xergos afeccionados aos videoxogos para PC recibirán cos brazos abertos o novo rato Razer DeathAdder Left Hand Edition, que asegura ser o primeiro rato informático deseñado para xogadores zurdos, e que, aparte do seu orixinal deseño ergonómico, tamén presenta unhas elevadas prestacións, cunha precisión de 3.500 dpi mediante un sensor de infravermellos 3.5G, unha resposta de 1 milisegundo, 5 botóns programables de xeito independente, axuste de sensibilidade ao vo, unhas medidas de 128 x 70 x 42,5 milímetros e un prezo de 59,99 euros.

PUBLICIDADE