Razer pon á venda nos EE.UU. un ordenador compacto para gamers
venres, 4 de decembro do 2020
Na
pasada edición do CES de Las Vegas presentouse o Razer Tomahawk, un
ordenador persoas orientado a xogadores que presumÃa de ser realmente modular, que
permite que o usuario poida actualziar a RAM e o almacenamento SSD de xeito
doado, á vez que ten unha conectividade realmente impresionante, e que por fin chega
ao mercado.
O Razer
Tomahawk Gaming Desktop entra por fin en catálogo (aÃnda que polo momento
non pode mercarse dende España) como un equipo compacto, modular (non precisa
de ferramentas para acceder aos seus compoñentes internos) e con soporte para tarxetas
gráficas de tamaño completo (a súa configuración recomendada é cunha nVIDIA
GeForce RTX 3080 Founders Edition), sendo este último elemento o que define o
seu tamaño.
O equipo está equipado cun procesador Intel Core i9-9980HK de 8 núcleos, 16 GB
de DDR4, 512 GB de almacenamento PCIe NVMe e 2 TB de disco duro (contando unha
rañura M.2 adicional para ampliacións futuras), WiFi 6, Bluetooth 5.0, 4 portos
USB 3.2 de tipo A, 2 portos USB 3.2 de tipo C, 2 portos Thunderbolt 3 e fonte
de alimentación de 750 watts, que integra refrixeración activa (cun par de
altofalantes superiores que expulsan o aire quente) e iluminación Razer Chroma
RGB, deixando claro que estamos ante un equipo para gamers cunha
estética acorde e un deseño que claramente busca que o equipo soporte longas sesións
de uso intensivo.
o prezo deste ordenador nos EE.UU. é de 2.400 dólares sen gráfica, e 3.200 dólares
coa RTX 3080 incluÃda, deixando claro que non é para todos os públicos, tanto por
prezo como por orientación (xa que tampouco é habitual que un gamer
busque un equipo cun tamaño tan compacto).