Razer porá á venda un adaptador de corrente de 130 watts con 4 portos USB
martes, 15 de xuño do 2021
O fabricante de accesorios orientados principalmente a
afeccionados aos videoxogos, Razer, vai pór á venda nos vindeiros dÃas un adaptador
de corrente bastante rechamante, por adoptar un formato bastante compacto e ser
capaz de aportar até 130 watts a través de 2 portos USB-C e outros 2 portos
USB-A.
Este
adaptador de corrente GaN (nitruro de galio) pode achegar concretamente até
100 watts a través de USB-C e 18 watts a través de USB-A, de xeito que os
conectores USB-C servirÃan para cargar dispositivos como ordenadores portátiles
e tabletas, mentres que os USB-A serÃan máis propios para móbiles e pequenos
accesorios, buscando principalmente evitar que o usuario teña que cargar con
varios adaptadores de corrente nas súas viaxes. Amais, o adaptador inclúe
conectores para poder empregalo en enchufes de corrente de EE.UU., Reino Unido
e Europa.
Este novo adaptador de corrente mide 76 x 62 x 32 milÃmetros e pesa 350 gramos,
polo que resulta bastante compacto e lixeiro (se temos en conta as súas
prestacións) e sairá en
poucos dÃas á venda nos EE.UU. a un prezo de 179,99 dólares, descoñecéndose
polo momento cando chegará ao resto de mercados internacionais nos que Razer
está presente.
- Con este adaptador de corrente podemos cargar numerosos dispositivos aportándolles até 130 watts