Razer presenta fundas para refrixerar o móbil

mércores, 11 de setembro do 2019 Marcus Fernández

Pensando no uso do smartphone para gozar de videoxogos dende Razer presentan unhas novas fundas que serven de protección á vez que axudan á disipación de calor dos dispositivos grazas a ter unha capa de Thermaphene. As fundas Arctech de Razer están dispoñibles para o Razer Phone 2 e para os iPhone dos anos 2018 e 2019.
As fundas Arctech axudan a refrixerar os smartphones (poden reducir a temperatura até 6 graos centígrados), teñen unha capa de microfibra que protexe o dispositivo de rabuñaduras e no seu exterior de elastómero achega protección ante caídas e golpes. Este último factor é o que leva a que teñamos dúas versións das fundas, de xeito que podemos facernos coas Arctech Slim no caso de estar principalmente interesados nun bo comportamento térmico do noso móbil, ou optar polas Arctech Pro e Arctech Pro THS Edition se queremos protexer os nosos dispositivos dos impactos.
As fundas, compatibles con carga sen fíos, poderanse mercar a prezos de 34,99, 44,99 e 49,99 euros para os seus modelos Slim, Pro e Pro THS Edition respectivamente.

As novas fundas de Razer serven para reducir a temperatura dos smartphones (pensando en longas xornadas de xogo) e protexelos ante caídas e golpes

PUBLICIDADE