Razer sorprende cun concepto de máscara con ventilación, iluminación e amplificador de voz
martes, 12 de xaneiro do 2021
O
fabricante de accesorios para videoxogos Razer decidiu aproveitar a celebración
do CES para dar a coñecer produtos conceptuais como unha cadeira que
integra unha pantalla OLED curva para conseguir unha experiencia de xogo moi
inmersiva e tamén un produto que semella máis próximo á realidade: unha máscara
moi tecnolóxica.
A máscara desenvolvida no Project Hazel
busca protexer do coronavirus ao contar con filtración bacteriana, ventilación
activa e un estoxo de carga con luz ultravioleta para a súa esterilización, ou
sexa, unha máscara de uso diario con filtros intercambiables e ventiladores
recargables como outras solucións que xa existen no mercado, pero á que Razer
deulle un toque moi especial ao integrarlle unha parta frontal transparente (o
que permite ver a boca de quen a leva), iluminación LED cromática e un
amplificador de voz.
Estamos ante un produto moi rechamante, que promete ser confortable, pero do
que hai moitas dúbidas de que chegue ao mercado, xa que Razer carece de
experiencia vendendo produtos deste tipo. Tamén cómpre lembrar que o uso deste
tipo de máscara estarÃa prohibido en moitos territorios como a nosa comunidade
autónoma, por tratarse basicamente dunha máscara con válvula.
- A máscara de Razer encaixarÃa coa liña estética que perseguen moitos xogadores
VÃdeo de presentación do proxecto Hazel