Realme 6s, un móbil moi completo por 199 euros

martes, 26 de maio do 2020 Marcus Fernández

Dentro dos novos produtos presentados por Realme destaca o smartphone Realme 6s, por ser un dos dispositivos cunha mellor relación entre prestacións e prezo, xa que falamos dun móbil cun deseño moderno, un potente procesador MediaTek Helio G90T, pantalla Full HD+ de 6,5 polgadas cun refresco de 90 Hz, cámara traseira cuádrupla cun sensor principal de 48 Mpíxeles, cámara frontal de 16 Mpíxeles nun orificio en pantalla e batería de 4.300 mAh con carga rápida de 30 watts, que con 4 GB de RAM e 64 GB de almacenamento custará só 199 euros.
Entre os detalles a salientar deste teléfono temos que o seu lector de impresións dixitais está integrado no botón de acendido lateral, a bandexa para dúas tarxetas nano SIM tamén ten espazo para tarxetas de memoria de até 256 GB, ten conector para auriculares, conta con NFC multifunción (algo pouco habitual nos móbiles chineses económicos) e un deseño resistente á auga.
Chegará á tenda de Realme o 9 de xuño e o 15 de xuño ás tendas de Carrefour, estando previsto que cheguen tamén versións máis avanzadas deste terminal (haberá modelo con 8 GB de RAM).

JPEG - 91.4 KB
O Realme 6s ten un deseño resistente a salpicaduras

PUBLICIDADE