Realme presenta o móbil con Snapdragon 8 Elite máis económico
luns, 4 de novembro do 2024
Os principais fabricantes chineses seguen a presentar os seus móbiles de alta gama con procesador Qualcomm Snapdragon 8 Elite, e tras os Xiaomi 15, os Honor Magic7 e os OnePlus 13 chega o Realme GT7 Pro, un teléfono que busca medirse con móbiles insignia do resto de compañÃas mantendo un prezo moi axustado, xa que o seu prezo de lanzamento parte dos 3.599 iuans (466 euros) para a súa versión con 12 GB de RAM e 256 GB de almacenamento, podendo chegar aos 4.799 iuans (622 euros) para a súa versión con 16 GB de RAM e 1 TB de capacidade.
Falamos dun móbil moi completo, co procesador de referencia na gama alta, 12/16 GB de memoria RAM LPDDR5X, até 1 TB de almacenamento UFS 4.0, pantalla AMOLED de 6,78 polgadas cunha velocidade de refresco variable entre 1 e 120 Hz e un brillo de pico de 6.000 nits, unha baterÃa de 6.500 mAh con carga rápida de 120 watts, Wi-Fi 7, Bluetooth 5.4, NFC, cámara frontal de 16 MpÃxeles e unha cámara traseira tripla con sensores de 50 MpÃxeles (ten o seu teleobxectivo un zoom de 3x).
Estamos ante un smartphone que non destaca tanto como os anteriores equipados cun Snapdragon 8 Elite no apartado das cámaras, pero grazas a tal concesión consegue ter un prezo bastante máis axustado que o dos seus competidores, polo que será interesante ver a canto se venderá finalmente en Europa.
- A xenerosa baterÃa é un dos puntos fortes do Realme GT7 Pro