Reaper, un RPG de acción que chega primeiro a Android

luns, 9 de setembro do 2013 Marcus Fernández

Hexage estreou hoxe en Google Play o seu xogo Reaper, un título Free-to-Play que permítenos viaxar a un mundo chego de maxia e monstros no que encarnaremos a un cabaleiro que deberá derrotar a milleiros de inimigos nunha aventura épica desenvolvida dentro do xénero de RPG de acción.
En Reaper haberá que completar incontables misións e descubrir numerosos segredos, haberá que mellorar as habilidades do noso personaxe que poderá equiparse con centos de espadas, armaduras e accesorios, é compatible con Google Play Games (o que achega taboleiros de puntuacións en liña, logros e gravación na nube) e incluso soporta mandos externos (o que fai que poida aproveitar o control de dispositivo como o nVIDIA SHIELD).
O xogo é de balde ata o nivel 10, podendo logo actualizarse a unha edición Premium, modelo de negocio que tamén seguirá este mesmo mes noutras plataformas como iOS, Windows Phone, BlackBerry 10, OS X e Windows 8.


Trailer de Reaper

PUBLICIDADE