Receptor de TDT ultracompacto
venres, 6 de febreiro do 2009
A proximidade do apagamento
analóxico leva a moitos consumidores a mercar adaptadores de Televisión Dixital
Terrestre para poder aproveitar os vellos televisores de cara ao futuro, á vez que
melloran a calidade da imaxe e a oferta de canles, pero nalgúns casos (coma os
televisores en soportes de parede) os receptores de TDT son bastante
complicados de instalar, de aà que no mercado xa haxa toda unha oferta de
dispositivos dun tamaño moi reducido, nos que o sintonizador dixital queda
situado no propio euroconector do televisor, prescindindo da tradicional caixa que se coloca sobre o televisor.
Dentro deste tipo de dispositivos queremos destacar o Energy
T4250, polo seu tamaño ultracompacto (83 x 53 x 22 mm), que pode
disimularse perfectamente detrás dun televisor, e que tamén inclúe mando a
distancia, un receptor de infravermellos e unha fonte de alimentación. Soporta
guÃa de programación electrónica (EPG), teletexto (VBI), subtÃtulos e recepción
de radio. O seu prezo de venda é de só 34,90 euros segundo o seu fabricante,
Energy Sistem.
Este sintonizador de TDT poderÃa ser o
máis pequeno do mercado, aÃnda que para algúns usuarios resultan
máis cómodos outros cun tamaño
maior, pero cunha rótula que permite o seu uso recto ou en forma de
L, pensando especialmente en televisores TFT, que asà apenas incrementarÃan o
seu fondo.