Receptores de radio con retardo para seguir o fútbol televisado

luns, 1 de marzo do 2010 Marcus Fernández

JPEG - 24.3 KB
O MP-101 é un completo reprodutor multimedia coa prestación adicional de demorar a recepción da radio FM

Os seareiros das retransmisións deportivas en moitas ocasións adoitan a seguir certos encontros simultaneamente por radio e televisión, o que pode resultar un tanto desconcertante, posto que é habitual recibir antes o sinal de radio que o de televisión, de aí que a través da Internet vendan uns receptores de radio que permite retrasar en intervalos de 0,1 segundos, para sincronizar son e vídeo, de xeito que as retransmisións radiofónicas non adiante os resultados dun partido.
Entre os produtos que venden dende AudioFutbol.com están o receptor de radio AM/FM SR-101 que permite un retardo de ata 8 segundos e véndese por 49 euros, mentres que os usuarios máis esixentes poderían optar polo reprodutor multimedia MP-101, que véndese por 69 euros e, aparte de retrasar a escoita da radio FM ata 30 segundos, conta con 4 Gb de memoria interna na que almacenar imaxes (JPEG, GIF, BMP, PNG, TIFF, PCX e ICO), música nos formatos máis populares (MP3, WMA, WAV, RA, OGG, APE, FLAC, AMR e AA) e mesmo vídeos (ASF, AVI, MP4, 3GP, FLV, MPEG, MOV, DAT, RMVB, VOB) que poden verse na súa pantalla panorámica de 2,4 polgadas. Este último trebello tamén conta con gravación de voz e posibilidade de ampliar a súa memoria interna con tarxetas TransFlash ou microSD.

JPEG - 147.7 KB
Os usuarios menos esixentes poden conformarse con adquirir o receptor SR-101 para escoitar os partidos de fútbol con retraso

PUBLICIDADE