Red Dead Redemption 2 chega a PlayStation Plus o día 21

mércores, 15 de maio do 2024 Marcus Fernández

O catálogo de xogos de PlayStation Plus de maio mellorará considerablemente o vindeiro martes, cando chegarán os xogos Deceive Inc. (PS5), The Settlers: New Allies (PS4), Crime Boss: Rockay City (PS5), Cat Quest (PS4), Cat Quest II (PS4), La LEGO Película 2: El Videojuego (PS4), Watch Dogs (PS4), Stranded: Alien Dawn (PS4, PS5) e, moi especialmente, Red Dead Redemption 2, título para PlayStation 4 (compatible con PS5) dos creadores de Grand Theft Auto V, que foi un grande éxito, e que agora queda ao alcance dos que non o xogasen no seu día.
Red Dead Redemption 2 é unha historia ambientada no Salvaxe Oeste norteamericano antes dos acontecemento do primeiro Red Dead Redemption, e que tamén inclúe Red Dead Online, a experiencia multixogador ambientada nese mundo vivo, no que poderemos tanto cabalgar en solitario como formar un grupo co que vivir aventuras do máis variado.