Red.es pecha 2024 coa execución de máis de 1.500 millóns de euros
luns, 30 de decembro do 2024
A entidade estatal Red.es, adscrita ao Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública, vai pechar 2024 coa execución de máis de 1.500 millóns de euros, o que supón un aumento de máis do 46% con respecto a 2023, cando se executaron 1.029 millóns de euros. Asà o fai saber a entidade no seu balance do remate do ano, lembrando que neste perÃodo tamén foi designada como entidade clave para a execución de proxectos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR) e do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
A través desta designación, materializou as súas actuacións a través de proxectos en ámbitos como a economÃa dixital, as cidades intelixentes, os servizos públicos, as infraestruturas ou a internacionalización de empresas de base tecnolóxica, cunha xestión centrada no cidadán.
Durante este ano, publicou máis de 100 expedientes, convocatorias e convenios, todos eles por un valor de máis de 1.860 millóns de euros, o que representa un incremento do 300% respecto a 2023 (466 millóns de euros).
Red.es centrou gran parte dos seus esforzos en apoiar as pequenas e medianas empresas (pemes) mediante programas como Kit Dixital, que subvenciona solucións dixitais para mellorar o nivel de madurez dixital ou Kit Consulting, que ofrece bonos para contratar servizos de asesoramento. Nestes momentos, Kit Dixital concedeu máis de 576.000 bonos o que equivale a máis de 2.300 millóns de euros e en decembro abriu a convocatoria dirixida á mediana empresa con bonos de 25.000 e 29.000 euros que poderán solicitarse ata o 30 de xuño de 2025. Doutra banda, desde o seu lanzamento o pasado mes de maio Kit Consulting outorgou ao redor de 11.000 axudas, equivalentes a máis de 146 millóns de euros.
O Pavillón de España en MWC Barcelona pechaba en febreiro coa participación de 45 empresas, máis de 100 relatores e a celebración de máis de 1.500 reunións, cifrando as empresas en máis de 12,5 millóns de euros a xeración de negocio acadada.
Outro dos focos da entidade foi o apoio ao ecosistema emprendedor. AsÃ, en febreiro lanzábase a Plataforma ONE, punto de encontro dixital para novas firmas innovadoras (startups) e axentes involucrados, que ten a misión de apoiarlles e darlles soporte no seu dÃa a dÃa.
A iniciativa Desafia, que facilita ás startups españolas a súa entrada nos ecosistemas tecnolóxicos máis innovadores do mundo, ampliou horizontes coa incorporación de dous novos destinos: Desafia Nórdicos, enfocado na saúde dixital, e Desafia SuÃza, centrado na sustentabilidade.
Por outra banda, a web de Acelera Peme superou os 45 millóns de visitas e o ano finaliza con 155 Oficinas Acelera Peme (OAPs) en activo, 55 delas en municipios de menos de 20.000 habitantes, ofrecendo asesoramento presencial e remoto para impulsar a transformación dixital das pemes.
Outra das liñas de actuación foi a posta en marcha de varios proxectos no marco da iniciativa Xeración D, cumprindo os obxectivos de formar á cidadanÃa en competencias dixitais transversais e para o emprego, potenciar a transformación dixital das pemes, dos seus directivos e empregados e liderar o equilibrio entre os perfÃs dixitais. AsÃ, puxéronse en marcha as iniciativas de Competencias Dixitais para o Emprego, enfocada a formar a profesionais de consellos xerais e colexios profesionais en materia de dixitalización e IA, cun investimento de 200 millóns de euros; Atracción e Retención de Talento, para buscar e captar expertos técnicos a través de bolsas e contratos de formación en IA e dixitalización con algúns dos centros de investigación máis relevantes do paÃs (CSIC, BSC-CNS, CNIC e CNIO) e orzamento de 120 millóns de euros e Competencias Dixitais Básicas, deseñado para proporcionar habilidades tecnolóxicas primordiais a persoas maiores, con discapacidade, en risco e sen competencias dixitais, cun investimento de 45 millóns de euros..
No ámbito dos servizos públicos, Red.es lanzou un novo programa de Sanidade (FEDER 2021-2027) para impulsar a Intelixencia Artificial e a analÃtica avanzada no sector saúde. Seguindo este fÃo, o Goberno transferirá 223 millóns de euros ás comunidades autónomas en 2025 para que se financie a adopción e desenvolvemento de novas solucións sanitarias baseadas en IA.
No ámbito da educación finalizouse a execución do programa Escolas Conectadas, que beneficiou a 4 millóns de alumnos en máis de 10.000 centros, e prorrogouse o convenio de Educa en Dixital ata xullo de 2028, co que xa se distribuÃron máis de 600.000 equipos informáticos.
En 2024 tamén se asinou un protocolo de colaboración con FEMP para a medición e posicionamento de cidades e territorios intelixentes. Neste contexto péchase 2024 con 8 edificios intelixentes, 25 cidades intelixentes (2 finalizadas en 2024), 3 illas intelixentes e 25 destinos turÃsticos intelixentes.