Rede Aberta achegará a súa rede de fibra óptica a Digi
xoves, 27 de novembro do 2025
O operador Digi leva uns anos medrando en Galicia con moita forza, en boa medida porque nalgunhas cidades ofrece a súa fibra Smart, que supón 10 euros de desconto ao mes a maiores dos seus xa competitivos prezos. Deste xeito, por exemplo, os cidadáns da Coruña poden contratar unha conexión de fibra de 500 Mbps e dúas liñas móbiles con datos e chamadas ilimitados por só 22 euros/mes.
Pero esta vantaxe competitiva poderÃa abrirse a boa parte do rural galego grazas a un acordo entre Digi e a compañÃa de fibra galega Rede Aberta, que actualmente achega conectividade de fibra a compañÃas como R, Xanela, Juifi, Adamo, Toxo e Grelo, e xa inclúe a Digi na súa relación de clientes.
Rede Aberta conecta actualmente 300.000 vivendas repartidas en 135 concellos galegos, que probablemente poderán gozar das tarifas de Digi en breve, aÃnda que queda por confirmar se achegará a súa fibra a un prezo ordinario ou optará pola máis económica fibra Smart para incrementar a súa presenza no territorio galego.
