Redegal capta 3,8 millóns de euros antes da súa saÃda a bolsa
mércores, 8 de xaneiro do 2025
A empresa ourensá Redegal pechou a rolda de ampliación de capital previa á súa saÃda a bolsa, no mercado BME Scaleup, coa captación de 3,8 millóns de euros, superando as previsións iniciais (confiaban conseguir tres millóns de euros nesta rolda). Redegal tamén incorpora un novo accionista de referencia, Axon Partners, que se sumará ás familias De Prado e Vázquez.
Redegal considera que esta inxección económica permitirá «potenciar o seu crecemento inorgánico e consolidar asà a súa posición no mercado español e latinoamericano». Actualmente xa conta cun equipo de 130 traballadores que operan en remoto desde toda a penÃnsula Ibérica e desde o seu centro de operacións en México, e a súa carteira de clientes supera os 200.
En outubro do 2024, Redegal recibiu o visto bo do xestor bolsista para comezar a cotizar no mercado BME Scaleup. Tras a ampliación de capital agora concluÃda, a Redegal fixará o prezo da acción.