Redelibros e Meubook convocan un certame dixital de relatos
xoves, 6 de outubro do 2011
As plataformas galegas Meubook e Redelibros, destinadas a impulsar novos
xeitos de promover o noso achegamento á cultura galega, vén de pór en marcha a
primeira edición do Certame de Relatos Tempos Dixitais. O concurso, destinado a
fomentar a creatividade e a escrita en lingua galega nas redes e ferramentas
sociais, as 2.0, xorde cunha clara vontade social de espallamento da lectura.
De feito, segundo informan as plataformas dixitais convocantes, os beneficios
das vendas do volume de relatos que se publicará cos relatos seleccionados serán
doados a unha asociación sen arela de lucro que traballe a prol da nosa lingua,
a cultura e unha das súas principais feituras visÃbeis: os libros. A asociación,
por certo, será elixida polos usuarios da rede social Redelibros, unha vella coñecida
de Código Cero.
Poderán participar no certame todas as
persoas maiores de 14 anos, de calquera nacionalidade. Cada autor estará en disposición de presentar un máximo de dous relatos,
sempre que sexan orixinais e inéditos. As obras han de estar escritas en galego
e en forma narrativa. A temática será libre. A extensión mÃnima dos relatos é
de 20.000 matrices (caracteres con espazos) e máxima de 50.000. Para participar
no certame, o/a autor/a deberá estar rexistrado como usuario na rede social Redelibros.
Para presentar os relatos, deberá publicalos na sección Textos da devandita comunidade 2.0 e seleccionar, no momento de
facelo, a categorÃa Tempos dixitais
creada ao efecto.
O prazo de admisión comprenderá dos dÃas do 1 de outubro ao 30 de novembro
de 2011.
A organización do concurso quere sacarlle o máximo partido ás ferramentas
2.0 que ten ao seu alcance, e que teñen ao seu alcance os usuarios e potenciais
participantes, para o proceso de presentación de achegas e valoracións. De
feito, os relatos subidos serán votados e comentados por todos os usuarios de
Redelibros que asà o desexen mediante o sistema de valoración por estrelas que
aparece na parte inferior de cada texto subido. Só entrarán na selección final
os relatos que teñan un mÃnimo de cinco valoracións de usuarios. Por este
método elixiranse os cinco primeiros clasificados. Paralelamente, un xurado
elixido por Meubook e Redelibros seleccionará dous relatos máis (que poden
coincidir ou non cos máis votados).
O anuncio definitivo dos seleccionados farase nun acto público o 4 de
decembro, na feira Culturgal
(Pontevedra). Todos os relatos premiados serán publicados por Meubook e
Redelibros nun volume conxunto, en formato epub e papel (impresión baixo
demanda) e distribuÃdos na tenda online de Meubook e na de Redelibros. A cada
autor seleccionado seranlle entregados dous exemplares en papel e un epub.