Reducen o prezo dos instrumentos de Rock Band en Europa

luns, 8 de setembro do 2008 Marcus Fernández

O xogo de Rock Band é moi polémico en Europa non só polo retraso na súa comercialización con respecto dos EE.UU. (onde vai saír estes días a segunda parte cando en España aínda non se rematou de comercializar a primeira entrega) senón tamén polo seu prezo esaxerado, que vén a ser case o dobre que ao outro lado do Atlántico.
Agora que remata o período de exclusiva da Xbox 360 para comercializar o xogo en Europa, anuncian os prezos das versións de PS3, PS2 e Wii, cunha boa novo para os interesados nesta franquicia musical, pois o xogo se venderá a 49,99, 29,99 e 39,99 euros respectivamente, pero os paquetes de instrumentos (con micrófono, guitarra e batería) se venderán a 139,99 euros, o que supón unha rebaixa de 30 euros con respecto do actual prezo para Xbox 360 (paquete que tamén reducirá o seu prezo en breve).
Varios países europeos recibirán o xogo o vindeiro venres, aínda que en España haberá que agardar ao 29 de setembro para velo nas consolas de Sony e Nintendo.

PUBLICIDADE