Reed Hastings deixará o consello de administración de Netflix
venres, 17 de abril do 2026

- Reed Hastings está considerado o responsable do grande fenómeno que supuxo Netflix
Reed Hastings, cofundador de Netflix, non optará á reelección como membro do consello de administración d compañÃa cando remate o seu actual mandato, que expira na xunta anual prevista para o mes de xuño. A decisión responde á súa intención de dedicar máis tempo á filantropÃa e a outros proxectos persoais, segundo recolle a compañÃa na súa última comunicación aos accionistas.
A empresa destacou o papel clave de Hastings na construción dunha cultura corporativa baseada na innovación, a integridade e o alto rendemento, elementos que considera definitorios da identidade actual de Netflix. O seu liderado, subliña o texto, contribuÃu a transformar o modelo de consumo audiovisual a nivel global, cun impacto que se estende tanto dentro da compañÃa como entre audiencias de todo o mundo.
O propio Hastings lembrou algúns dos fitos máis relevantes da súa traxectoria, como a expansión global do servizo en xaneiro de 2016, cando a plataforma pasou a estar dispoñible en case todo o planeta. Segundo explicou, a súa principal achega non foi unha decisión concreta, senón a aposta por «poñer o foco na satisfacción dos usuarios, construÃr unha cultura capaz de evolucionar e crear unha empresa que poida ser ao tempo querida polos seus clientes e sustentable ao longo das xeracións». Tamén tivo palabras de recoñecemento para os actuais co-conselleiros delegados, Ted Sarandos e Greg Peters.
Pola súa banda, Sarandos salientou a influencia de Hastings tanto no plano profesional como persoal desde que comezaron a traballar xuntos en 1999. Definiuno como unha figura histórica e destacou o seu estilo de liderado «xeneroso e disciplinado», que seguirá marcando o rumbo da compañÃa no futuro.
Greg Peters incidiu na mesma liña ao afirmar que Hastings seguirá sendo «o fundador e maior defensor de Netflix», cunha pegada que forma parte do ADN da empresa. A súa visión empresarial e o seu compromiso cos valores corporativos, engadiu, continúan a guiar a dirección actual da plataforma.
