Refórzase a formación dixital para os nosos maiores con 55 novas aulas para formar a máis de 2.800 persoas

luns, 19 de xuño do 2023 S. P.

O Goberno galego, a través da Consellería de Cultura de Educación, habilitou máis de medio cento de aulas para persoas adultas co obxectivo de facilitar a capacitación dixital. Fíxoo, concretamente en 55 centros educativos das catro provincias, co obxectivo de achegar adestramento e coñecemento tecnolóxico a 2.815 persoas ao longo de 2023. Trátase de centros onde xa se imparten estas ensinanzas.
“Esta actuación”, informa a Xunta, “permitirá á cidadanía formarse en competencias dixitais transversais necesarias para desenvolverse de forma cotiá nunha sociedade cada vez máis dixitalizada, na que servizos esenciais, tales como a banca, o acceso ás administracións públicas ou o consumo se realizan de forma telemática”.
As actividades irán dirixidas, preferentemente, ás persoas maiores de 55 anos cun nivel baixo de cualificación neste eido, atendendo especialmente a fenda de xénero á poboación vulnerable e ás zonas rurais.
Con esta medida, a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades pretende tamén “impulsar as actuacións que levan a cabo os centros que imparten educación de persoas adultas, ao tempo que se cumpre o establecido na Estratexia Edudixital 2030, que ten como eixo segundo a mellora das competencias dixitais da cidadanía no ámbito das súas competencias”.
A relación de centros dotados con estas aulas é a que se reflicte na seguinte listaxe:
Arteixo. IES de Sabón
Betanzos. IES As Mariñas
Carballo. IES Isidro Parga Pondal
Cee. IES Fernando Blanco
A Coruña. EPAPU Eduardo Pondal
A Coruña. IES Plurilingüe Eusebio da Guarda
Culleredo. IES Rego de Trabe
Curtis. EPAPU de Teixeiro
Ferrol. EPAPU Sta. María de Caranza
Ferrol. IES Concepción Arenal
Melide. IES de Melide
Muros. IES Plurilingüe Fontexería
Noia. IES Campo de San Alberto
Outes. IES Poeta Añón
As Pontes de García Rodríguez. IES Plurilingüe Castro da Uz
Ribeira. IES Nº 1
Sada. IES Isaac Díaz Pardo
Santiago de Compostela. IES San Clemente
Burela. IES Monte Castelo
Chantada. IES Lama das Quendas
Foz. IES de Foz
Lugo. EPAPU Albeiros
Monforte de Lemos. IES Río Cabe
Monterroso. EPAPU de Monterroso
Outeiro de Rei. EPAPU de Bonxe
Ribadeo. IES de Ribadeo Dionisio Gamallo
Sarria. IES Gregorio Fernández
Vilalba. IES Lois Peña Novo
Viveiro. IES María Sarmiento
O Barco de Valdeorras. IES Lauro Olmo
O Carballiño. IES Manuel Chamoso Lamas
Ourense. EPAPU de Ourense
Ourense. IES Ramón Otero Pedrayo
O Pereiro de Aguiar. EPAPU de Pereiro de Aguiar
Verín. IES García-Barbón
Bueu. IES Johan Carballeira
Cambados. ES Francisco Asorey
Cangas. IES de Rodeira
A Estrada. IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez
A Guarda. IES A Sangriña
Lalín. IES Laxeiro
A Lama. EPAPU Nelson Mandela
Nigrán. IES Escolas Proval
Ponteareas. IES Val do Tea
Pontevedra. EPAPU Río Lérez
O Porriño. IES Ribeira do Louro
Redondela. IES Pedro Floriani
Silleda. IES Plurilingüe Pintor Colmeiro
Tui. IES Indalecio Pérez Tizón
Vigo. EPAPU Berbés
Vigo. IES Castelao
Vigo. IES de Teis
Vigo. IES Politécnico de Vigo
Vigo. IES Santa Irene
Vilagarcía de Arousa. IES Armando Cotarelo Valledor

PUBLICIDADE