Reino Unido non se oporá á compra de Activision Blizzard por parte de Microsoft
venres, 22 de setembro do 2023
A compra de
Activision Blizzard por parte de Microsoft estaba pendente da aprobación do
regulador británico, a Autoridade dos Mercados e a Competencia (CMA), que
inicialmente opoñÃase á operación, non polo feito de que considerase que a
franquÃa de Call of Duty era demasiado importante, senón polo
potencial abuso de posición dominante que poderÃa exercer Microsoft no xogo na
nube a longo prazo, pero a compañÃa de Redmond reaccionou ofrecendo
concesións que finalmente
convenceron á CMA, polo que Activision Blizzard está agora a un paso de
integrarse en Xbox.
A decisión inicial da CMA parecÃa bastante inxusta, xa que Reino Unido era o
único mercado no que se atoparan problemas relativos a o negocio do xogo na
nube, que actualmente é anecdótico. Era rechamante que a CMA empregase datos
claramente distorsionados (consideraba que os xogadores de Game Pass eran
usuarios do xogo na nube, cando só unha pequena parte deles emprega tal
modalidade de xogo) e situaba a Microsoft nunha posición de dominio que case
poderÃa considerarse accidental, pois o peche de Google Stadia incrementou a
cota de mercado de Xbox, aÃnda que non houbese un crecemento real, senón a
desaparición dun competidor. Castigar a unha compañÃa pola falta de compromiso
dun competidor non só parecÃa inxusto a Microsoft, senón que a meirande parte
do sector dos videoxogos tampouco entendÃa a postura da CMA.
Pero nos últimos meses Microsoft deu pasos moi interesantes para despexar as preocupacións
da entidade británica, como chegar a un acordo con Ubisoft para que no Reino
Unido esa compañÃa controle o xogo na nube dos xogos de Activision. O acordo
tamén suporÃa que Microsoft deberÃa adaptar os xogos de Activision máis
plataformas que Windows, de xeito que a CMA non terÃa argumentos para poder
bloquear a compra de Activision Blizzard.
Agora a CMA ten aberta unha consulta sobre esta proposta até o 6 de outubro, cando
é de esperar que se retire totalmente a oposición da CMA á adquisición de
Activision Blizzard por parte de Microsoft, de xeito que a operación poderá
completarse sen ter que deixar ao Reino Unido fóra deste importante movemento
empresarial.