Relaxan a presión arancelaria entre China e EE.UU.
luns, 12 de maio do 2025

- Scott Bessent, secretario do Tesouro dos EE.UU., foi o encargado de dar conta do acordo coa China para a redución de aranceis
Os Estados Unidos e China acordaron mutuamente unha redución temporal dos aranceis durante 90 dÃas, nun intento de rebaixar a tensión na súa guerra comercial, que enfronta ás dúas maiores economÃas do mundo, cun importante impacto sobre o sector tecnolóxico.
O acordo foi pechado durante a fin de semana en Xenebra por representantes de ambos paÃses e contempla que os Estados Unidos reduzan os dereitos de importación sobre bens chineses do 145 % ao 30 %, mentres que China aplicará un recorte dos aranceis aos produtos estadounidenses do 125 % ao 10 %.
Este pacto non afecta á eliminación da excepción de minimis, que entrou en vigor o 2 de maio e puxo fin á exención arancelaria para envÃos inferiores a 800 dólares, usada por plataformas como Temu e Shein, o que está a ter un impacto directo nos seus negocios.
«ConcluÃmos que temos un interese compartido», declarou o secretario do Tesouro estadounidense, Scott Bessent, nunha rolda de prensa en Xenebra. «Queremos un comercio máis equilibrado, e creo que ambas partes están comprometidas con ese obxectivo. Ningunha das dúas quere unha ruptura total».
Esta tregua de 90 dÃas pretende abrir unha fiestra para negociar un acordo comercial definitivo, estando encargados da negociación o vicepresidente do Consello do Estado chinés, He Lifeng, o secretario do Tesouro dos EE.UU., Scott Bessent, e o representante comercial dos EE.UU., Jamieson Greer, que realizarán unha serie de conversas que se celebrarán alternativamente en China e os EE.UU. (ou nun terceiro paÃs acordado polas partes, como foi este último caso).
ACTUALIZACIÓN: Finalmente tamén introduciron unha redución de aranceis para os minimis do 120 ao 54 % e cancelaron a suba de aranceis prevista para o mes de xuño.
