Remata con 132 participantes a 1ª Escola de Verán de ESF sobre tecnoloxías libres

xoves, 17 de xullo do 2025 S. P.

A segunda semana deste mes de xullo desenvolveuse a primeira edición da Escola de Verán de ESF (Enxeñaría Sen Fronteiras Galicia) sobre tecnoloxías libres dixitais (e non só dixitais, senón tamén algunha analóxica), na Escola de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos, que cedeu un espazo a ESF para levar a cabo esta actividade formativa, que puido levarase a cabo grazas á participación de 7 formadores (Sebas, Pepe, Jorge, Sergio, Manuel, Alejandro e Xavier), apoiados por compañeiras/os de Bricolabs e co co-financiamento de Cooperación Galega e fondos IRPF (a casiña solidaria da declaración da renda) da Xunta de Galicia.
Foron 13 obradoiros, 3 cada día agás o do pasado venres 11, que foi un de 6 horas(dividido en dúas partes, montaxe e programación dun robot Sapoconcho XL. Na actividade púxose o foco en cuestións como Blender, Libreoffice, GIMP. Docker. Emacs. FreeCAD, fotografía con Darktable. LoRa e Radioafición. accesibilidade dixital en deseño web, OpenStreetMap e robot Sapoconcho.
En total, participaron 132 persoas nos obradoiros. O máis demandado foi o de Radio Afección. Tamén o de FreeCAD tivo case cheo, segundo confirmaron os organizadores.