Remata en Oviedo o intercambio do ClubUE que puxo o foco no bo uso do Internet
venres, 12 de xullo do 2024
A segunda edición do Encontro ClubUE rematou na tarde deste 11 de xullo en Oviedo, onde se desprazaron mozos e mozas residentes na provincia da Coruña e Asturias para vivir tres dÃas de intercambio e formación como membros do ClubUE. A iniciativa está organizada polos centros Europe Direct A Coruña, pertencente á Deputación da Coruña, e Europe Direct Asturias, da Federación Asturiana de Concejos.
Durante os tres dÃas que durou o encontro, as persoas participantes puideron adquirir e desenvolver competencias non formais relacionadas coa seguridade e o bo uso de Internet. AsÃ, puideron afondar en temas como a ciberseguridade, a seguridade emocional en liña, o desenvolvemento dun perfil dixital seguro ou a desinformación.
As persoas participantes potenciaron, asà mesmo, as competencias relacionadas coa reflexión e o debate sobre temas relacionados coa Unión Europea, o intercambio de experiencias neste ámbito e o networking. Tamén houbo tempo para coñecer o perfil máis europeo da cidade de Oviedo.
Os mozos e mozas participantes forman parte do ClubUE, un espazo virtual pensado para achegar á xuventude as oportunidades que existen dentro da UE e que foi creado por Europe Direct A Coruña en decembro de 2020. Europe Direct Asturias replicou esta iniciativa no seu territorio en outubro de 2022 e ambos centros teñen colaborado xa en varias actividades que inciden no intercambio de experiencias e creación de rede entre xente moza das dúas zonas.