Remata no Campus de Ferrol a 3ª edición do Hackathon Navantia Next Pioneers
venres, 1 de marzo do 2024
A vicerreitora do Campus de Ferrol, Ana Ares, e o director de Navantia Ferrol, Eduardo Dobarro, acompañados polo director do Campus, Marcos MÃguez, o director da Escola Politécnica de EnxeñarÃa de Ferrol (EPEF), Vicente DÃaz Casás, e o director do I+D+i de Navantia Ferrol, Carlos Blanco, fixeron entrega este venres 1 de marzo do premio ao equipo gañador do III Hackathon Navantia Next Pioneers. Impuxéronse os integrantes do equipo Marlin.
O evento celebrouse entre as 15:00 horas do xoves 29 de febreiro e as 15:00 horas do venres 1 de marzo no Campus Industrial de Ferrol. Nel participaron un total de 55 estudantes dos últimos cursos do Grao en EnxeñarÃa de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto, que se imparte na Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI), e do Grao en EnxeñarÃa Mecánica, do Programa de Simultaneidade do Grao en EnxeñarÃa Mecánica e do Grao en EnxeñarÃa Naval e Oceánica, do Máster en Informática Industrial e Robótica, do Máster en Eficiencia Enerxética e Sustentabilidade, asà como do Máster Erasmus Mundus en Sostibilidade e Industria 4.0 aplicado ao Sector MarÃtimo (SEAS 4.0); todos eles estudos vinculados á Escola Politécnica de EnxeñarÃa de Ferrol (EPEF). Cómpre salientar a participación de 14 estudantes internacionais pertencentes ao último dos tÃtulos citados, de 11 paÃses distintos, como Perú, Sudán, Nixeria, Camerún, Azerbayián ou TurquÃa.
O reto presentado por Navantia para este hackathon foi o da procura dun sistema colaborativo para a asistencia ao operario ou operaria nas tarefas de montaxe de pequenos elementos en bloques ou subloques durante as fases de armamento, grada e peirao da construción dun buque. Ao longo do evento, o alumnado contou en todo momento co apoio de profesionais do sector naval e da enxeñarÃa para acadar a solución ao reto proposto, validando en tempo real as ideas xeradas, aos que sumaron dúas charlas motivadoras e outras actividades que permitiron manter a atención do público participante durante as 24 horas que durou o hackathon.
Presentáronse un total de 10 solucións, das que, logo da súa correspondente presentación e análise a cargo dun xurado profesional composto por persoal de Navantia, Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI) e da Escola Politécnica de EnxeñarÃa de Ferrol (EPEF), foi galardoado o equipo Marlin, integrado por MarÃa Zubeldia MartÃnez, Bruno Brown Omlenyi, Arham Abdullah, Santiago Alonso GarcÃa, Jorge RodrÃguez e Iago Ferreira Carrera. Todos os integrantes do equipo gañador recibirán unha bolsa de formación en Navantia dun ano de duración.