Remata o campamento D’Tec no que participaron corenta estudantes de Secundaria
luns, 31 de xullo do 2023
Despois
dunha semana de actividade creativa arredor do ámbito STEM, este
luns 31 de xullo rematou o campamento de verán do programa D’Tec
para o fomento das vocacións científico tecnolóxicas, organizado
por CIS Tecnoloxía e Deseño (Campus Industrial de Ferrol).
Grazas a iniciativa, corenta estudantes de Secundaria da comarca de
Ferrolterra tiveron a oportunidade de gozar de actividades prácticas
ligadas a innovación, a ciencia e a tecnoloxía, levando a cabo
retos tecnolóxicos, desenvolvemento de biomateriais, ou creación de
contidos de Realidade Aumentada e Virtual.
Segundo
explicou a organización, “accións como estas permiten mellorar de
forma moi significativa a percepción do alumnado respecto temáticas
tan importantes como a innovación e a tecnoloxía, eidos
fundamentais da actividade do CIS Tecnoloxía e Deseño de Ferrol”.
Tras
esta gran experiencia, o programa D’Tec fai unha pequena parada
estival, para retornar con forza de novo no mes de setembro con novas
actividades.
Dende
a organización remataron salientando o interese do alumnado e as
súas familias e a súa implicación, “que reforzan o noso
convencemento na importancia de iniciativas como as que estamos a
desenvolver”.