Remata o curso de Office impartido por Compostela Monumental ao abeiro do seu programa de emprego
luns, 22 de abril do 2024
As persoas participantes do Programa Integrado de Emprego (PIE) de Compostela Monumental e a Xunta de Galicia remataron a actividade formativa sobre o paquete de ferramentas ofimáticas Office encadrado no dito programado e impartido polo docente Alberto Fandiño. O curso, de 40 horas lectivas na modalidade presencial, tivo lugar nas instalacións da aula de informatica que a Asociación de Comerciantes, Empresarios e Profesionais CCA Compostela Monumental, ten a Algalia de Arriba 31, no centro histórico de Santiago.
O obxectivo logrado consistiu en que os participantes aprendesen a manexar con destreza as aplicacións ofimáticas na xestión da información e a documentación, asà como os programas informáticos máis usuais da Internet. O programa integrado de emprego de Compostela Monumental finalizará en novembro de 2024 cun obxectivo mÃnimo de inserción do 45% e conta coa colaboración da Dirección Xeral de Formación para ou Emprego e Orientación da Xunta de Galicia.