Rematou no Son o obradoiro de novas tecnoloxÃas no que participaron unha ducia de persoas maiores
mércores, 30 de agosto do 2023
Este
martes 29 de decembro rematou o Obradoiro de Novas TecnoloxÃas para
as nosas e nosos maiores que se celebrou no concello de Porto do Son
organizado pola Xunta e a Fundación Amigos de Galicia (en
colaboración co Concello) ao longo do mes de agosto. Nas actividades
programadas participaron unha ducia de persoas.
Celebrouse
en catro quendas: os dÃas 1, 8, 22 e 29 de agosto, na nave de
servizos náuticos da vila sonense.
Trátase
dunha actividade cen por cen de balde. O obradoiro estivo destinado a
persoas de 65 anos ou máis, co fin de que puideran familiarizarse
grazas ás sesións programadas en cuestións como os usos da máquina
de quendas das administracións locais e os centros de saúde, dos
caixeiros automáticos, dos teléfonos móbiles intelixentes ou das
aplicacións móbiles máis estendidas (por exemplo a app do SERGAS).