Remedy aposta decididamente por Control como saga de éxito
mércores, 20 de novembro do 2024
A última presentación para investidores de Remedy Games desvelou interesantes novidades ao respecto de Control, xogo que finalmente vai converterse nunha saga, adiantándose o detalle até o momento descoñecido de que Control 2 será un xogo de rol de acción que xa está preparado para entrar en produción.
Tamén detallan que os xogos FBC: Firebreak e o remake das dúas primeiras entregas de Max Payne tamén están en plena produción, estando previsto FBC: Firebreak para 2025, mentres que dos xogos de Max Payne non adiantan a data de lanzamento prevista.
De cara a 2025 tamén sorprenden anunciando que lanzarán Control Ultimate Edition for Mac, ou sexa, que a primeira entrega de Control estarÃa buscando chegar a novos públicos de cara ao lanzamento da súa secuela.
Resulta un tanto sorprendente que se animen a estas alturas a lanzar Control para Mac, xa que actualmente é un tÃtulo que na súa versión para PC está dispoñible por só 7,99 euros na tenda de Epic Games, onde o xogo chegou a ofrecerse de balde en 2021, polo que podemos entender que case todo o que estivese interesado en xogar a este tÃtulo puido facelo hai tempo.