Renóvase o Escritorio Remoto de Microsoft para Mac
mércores, 29 de novembro do 2017
A aplicación de macOS para conectarse a escritorios remotos de Windows, Microsoft Remote Desktop, vén de renovarse na tenda de aplicacións do sistema operativo de Apple, incluÃndo interesantes melloras como permitir redirixir o micrófono local ou smart cards cando esteamos nunha sesión remota, usar atallos de teclado de macOS en sesións remotas (para, por exemplo, poder copiar e pegar) e melloras de interface como asignar conexións de escritorio a grupos personalizados, identificar as conexións activas no centro de conexións, administrar unha listazxe única de contas de usuario nas preferencias da aplicación e almacenar múltiples entradas cun mesmo nome de usuario e diferentes contrasinais.