Reprodutor multimedia con TDT, Wi-Fi e vÃdeo en alta definición
xoves, 11 de setembro do 2008
Conceptronic
comezará a comercializar a finais de mes en España, Alemaña, Francia e Portugal
o seu novo reprodutor multimedia Grab’n’GO Media Titan,
que poderÃa ser un dos equipos máis completos que se viron ata o momento, pois
conta con conectividade Ethernet e Wi-Fi (de ata 300 Mbps grazas ao estándar
IEEE 802.11n), dobre sintonizador de TDT (con opción de gravación e time shifting) e reprodución multimedia
soportando incluso os últimos formatos de alta definición.
Para o uso televiso o dispositivo pode acceder á guÃa electrónica da
programación (EPG) para programar as gravacións (facilitando moito as mesmas),
e tamén permite ver unha canle mentres gravamos outra, pero a reprodución
multimedia é o que destaca neste trebello, que pode achegar contidos a través
da rede ou por calquera dos seus 3 portos USB. Soporta formatos coma Xvid,
WMV0, MPEG 1/2/4, AVI, ISO, VOB e incluso pelÃculas en alta definición en 1.080
liñas en progresivo comprimidas en H.264 dentro do contedor Matroshka (.MKV) de
xeito que é compatible con moitos contidos de alta definición que se poden
atopar na Internet (dende trailers ata pelÃculas completas extraÃdas de discos
Blu-ray). Tamén le ficheiros BMP, GIF, JPEG, PNG, MP3, OGG, WAV e WMA e é capaz
de acceder a ficheiros servidos a través de UPnP AV.
Para tirar proveito da calidade dos vÃdeo en alta definición o reprodutor conta
con saÃda HDMI, aÃnda que tampouco esquece conexións de vÃdeo composto e saÃdas
de audio analóxica e dixital.