République, un xogo de infiltración que chega inicialmente para iOS

xoves, 19 de decembro do 2013 Marcus Fernández

Tras conseguir financiamento a través de Kickstarter Camouflaj consegue que o seu xogo République vexa a luz na App Store como unha aplicación universal que custa 4,49 euros e que segue a tan de moda fórmula das entregas episódicas, de xeito que haberá que pagar 13,99 euros polo seu pase de tempada de querermos gozar da aventura enteira do que parece que podería confirmarse como un dos mellores xogos do ano para dispositivos móbiles (aínda que xa están a traballar en versións para PC e Mac), que destaca polo seu excelente control táctil (especialmente no iPad), aínda que tamén é compatible con mandos externos.

République destaca por levar a infiltración a iOS

République é xogo da acción de sixilo e infiltración que explorar os perigos da vixilancia do goberno na era da Internet. Teremos que guiar á Hope, atrapada dentro dun estado totalitario e opresor, ata a liberdade, para o que haberá que hackeare controlar unha elaborada rede e atravesar numerosos perigos ao longo de 5 episodios nos que resolver diferentes quebracabezas mentres gozamos dun deseño visual impactante.
Neste xogo para iOS estiveron involucrados desenvolvedores de grande experiencia na Industria (que participaron na creación de xogos como Metal Gear Solid 4, Halo 4, F.E.A.R., Black & White 2 e SOCOM) e fixo un uso intensivo da captura de movemento con escenas interpretadas por varios profesionais que tamén contribuíron a grandes videoxogos (como Mass Effect, Bioshock Infinite ou Star Wars: The Old Republic) e incluso conta con tecnoloxía de expresión facial propia dos xogos para consolas domésticas.
Este produto desenvolvido con Unity chega en inglés, francés, alemán, ruso, portugués (de Brasil) e español.

As expresións faciais que presenta République son dunha calidade propia dos xogos de consola
Haberá que empregar habilidades hacker para superar certos niveis do xogo


Trailer de lanzamento de République

PUBLICIDADE