ResetPlug, o enchufe que reinicia o noso router cando falla a Wi-Fi

martes, 3 de maio do 2016 Marcus Fernández

Cada vez temos máis dispositivos conectados nos nosos fogares, principalmente a través de Wi-Fi, pero os routers que atenden a tal demanda de conexións non son precisamente de alta gama ou para cargas elevadas, de aí que cada certo tempo é preciso apagar e volver a prender o dispositivo para que todos os trebellos conectados na casa podan recuperar a conexión á Rede, e pensando en tal problema puxeron á venda nos EE.UU. o ResetPlug, unha especie de programador de enchufes que, en vez de guiarse por horarios, conéctase á nosa rede Wi-Fi e, no caso de detectar problemas co acceso á Rede, corta o fluxo de corrente eléctrica uns segundos de xeito que, se conectamos en tal toma o noso router, este reiniciarase todas as veces que sexan preciso até que se recupere a conexión á Internet.
Esta solución pode resultar moi práctica para fogares nas que non teñen o router instalado nun lugar visible e accesible ou, simplemente, queren evitar a molestia de ter que ir dunha habitación a outra para reiniciar o router cada vez que falla a conexión á Internet.
Esta idea é bastante orixinal é está ben executada, aínda que o seu prezo non fai que o ResetPlug sexa moi atractivo, xa que véndese a 59,99 dólares, cantidade que só compensaría pagarse no caso de fallos moi frecuentes (nos que posiblemente sería máis recomendable mercar un router de maior capacidade por un prezo só un pouco superior).

Se conectamos o router ao ResetPlug podemos reinicialo automaticamente cando falla a Wi-Fi

PUBLICIDADE