Resident Evil 3 sae á venda para PS4, Xbox One e PC
venres, 3 de abril do 2020
Capcom lanzou mundialmente hoxe o remake do clásico survival
horror Resident Evil 3,
tÃtulo que podemos descargar para Xbox One,
PlayStation
4 e PC
(mentres que a distribución de copias fÃsicas limitarÃase a tendas en liña, xa
que os establecementos comerciais tradicionais están pechados ao público), e
que trasládanos á conclusión da saga ambientada en Raccoon City a través do
punto de vista de Jill Valentine.
Este xogo é unha simple remasterización, senón que é un remake
con bastantes cambios para adaptar o tÃtulo aos tempos actuais, con gráficos en
alta definición (facendo uso do RE Engine que xa luciron Resident Evil 2 e
Resident Evil 7) e mecánicas de xogo modernizadas; e inclúe o xogo
multixogador en liña asimétrico de 4 contra 1 Resident Evil Resistance.
Resident Evil 3 continúa a historia do Resident Evil 2 que saÃu á
venda o ano pasado, e colócanos na pel de Jill Valentine na súa fuxida dunha
cidade arrasada por zombis e outras horribles criaturas, para o que haberá que
evitar ao temible Némesis, unha arma biolóxica intelixente e aparentemente
imparable, que é un dos adversarios máis importantes desta saga. Jill Valentine
contará cun inesperado aliado, Carlos Oliveira, membro do UBCS embarcado nunha
misión de evacuación de civÃs.
No caso de Resident Evil Resistance teremos un xogo en liña no que un
grupo de 4 Superviventes deberán colaborar para fuxir do desapiadado Mastermind
antes de rematar o tempo. Aparecen no xogo famosos malvados como Alex Wesker,
Annette Birkin e Ozwell E. Spencer e, pro primeira vez, poderase controlar a
armas biolóxicas como Tyrant e G-Birkin. O
vindeiro dÃa 17 o xogo recibirá a súa primeira actualización de balde, na que
incorporarase a Jill Valentine como personaxe xogable.
- En Resident Evil 3 haberá que sobrevivir aos ataques do imparable Némesis
Tráiler de lanzamento de Resident Evil 3