Resident Evil 5 terá versión para PC en setembro
venres, 17 de xullo do 2009- O modo mercenarios contará con máis inimigos na versión para PC
Resident Evil 5 é un dos xogos para Xbox 360 e PlayStation 3 que
máis éxito acadou no que vai de ano, e ten moitas bazas para ser considerado o
xogo do ano, pero finalmente non quedará limitado ás consolas de videoxogos de
alta definición, senón que saltará
tamén ao PC, confirmando Capcom tal lanzamento para o 15 de setembro en
EE.UU. e o 18 de setembro en Europa.
A versión para PC de Resident Evil 5
non só permite ampliar o número de xogadores deste tÃtulo, senón que tamén
incorpora novas prestacións como a compatibilidade coa tecnoloxÃa
GeForce 3D Vision, de xeito que os posuidores de lentes especiais de nVIDIA
poderán ver en 3D estereoscópico o xogo e incluso as súas escenas cinemáticas.
O xogo tamén contará con novos traxes para os personaxes e o modo mercenarios soportará máis do triple de
inimigos.