Resident Evil Mercenaries VS chega ao iPhone
venres, 15 de abril do 2011
Moitos seareiros
da franquÃa de Resident Evil están
desexando botar unha partida en liña dende plataformas portátiles, e mentres a
entrega desta saga para a Nintendo 3DS chega o Resident
Evil Mercenaries VS para iPhone e iPod Touch ao
atractivo prezo de 2,39 euros.
Este xogo de Capcom funciona en dispositivos con iOS dende o iPhone 3GS e o
iPod Touch de terceira xeración (agás o modelo de 8 Gb), e é o primeiro xogo
desta compañÃa que permite o xogo en liña en iPhone e iPod Touch por equipos (2
contra 2) ou en individual, facilitando as partidas tanto a través de Wi-Fi
como de Bluetooth, e sendo posible tamén xogar en rede contra outros xogadores
a través da Internet.
Resident Evil Mercenaries VS permite
elixir entre Chris Redfield, Jill Valentine e Albert Wesker, cadaquén coas súas
armas caracterÃsticas e con 3 mapas distintos que poder utilizar como campo de
batalla.
Asà loce o xogo nun iPhone ou iPod Touch
- Jill Valentine pode empregar pistola, Uzi e granada aturdidora
- O malvado Albert Esker poderá equiparse con pistola, escopeta Hydra e minas