Resident Evil: Operation Racoon City chegará a finais de ano
venres, 25 de marzo do 2011
Dende hai meses
circulaba o rumor de que Slant Six Games estaba a desenvolver un novo xogo da
franquía Resident Evil, e finalmente confirman
dende a Revista Oficial de Xbox que Resident
Evil: Operation Racoon City será unha realidade
no outono coma un shooter
que permitirá tomar o papel de membros dos 3 bandos que se enfrontará neste
título moi enfocado á competición en liña: o servizos de seguridade da
Corporación Umbrella, o grupo de operacións especiais dos EE.UU. e os infectados e monstros que ocupan Raccoon
City.
No seu modo historia, o xogo parte dun escuadrón con 4 membros da milicia de
Umbrella (Beltway, Bertha, Vector e Spectre) que deberán eliminar calquera tipo
de proba da coñecida catástrofe que tivo lugar en Resident Evil 2 (e varias entregas máis da saga) e, de feito, non
faltarán homenaxes a eses clásicos xogos coa aparición de recoñecibles
escenarios e personaxes.
Polo momento non detallan as plataformas nas que sairá o xogo, pero suponse
que, como mínimo, estará dispoñible para Xbox 360 e PlayStation 3.
- O novo xogo enfrontará a 3 bandos distintos