Resident Evil: Revelations pasará da 3DS ás plataformas de alta definición en maio
martes, 22 de xaneiro do 2013
AÃnda que Resident
Evil 6 foi unha das grandes decepcións de 2012, o anterior xogo da saga, Resident Evil: Revelations, conseguiu
ter unha moi boa acollida, estando considerado como un dos mellores xogos para
Nintendo 3DS, que finalmente vai deixar de ser exclusivo para a consola
portátil, e o
vindeiro 24 de maio vai chegar ás tendas europeas en versións para Xbox 360,
PlayStation 3, PC e Wii U, o que agradecerán os amantes das primeiras
entregas da saga, pois este tÃtulo recupera parcialmente o espÃrito de xogo de
supervivencia e terror, aÃnda que sen abandonar a acción instituÃda en Resident Evil 4.
Un detalle destacable deste lanzamento é que para PC e PlayStation 3 o xogo vai
chegar un par de dÃas antes en formato descargable (por ser os mércores o dÃa
no que se actualiza a PlayStation Store). Tamén pode subliñarse o feito de que Resident Evil: Revelations será o
primeiro Resident Evil en contar con
versión para Wii U.
AÃnda que o xogo será case idéntico ás súa versión portátil, non só diferirá
nos seus gráficos en alta definición, senón que tamén contará cun inimigo
adicional, un novo modo de dificultade e novas armas e personaxes para o modo
de xogo cooperativo.
Trailer das novas versións de Resident Evil: Revelations