Resident Evil: Revelations saltará da 3DS ás consolas domésticas
venres, 23 de novembro do 2012
O xogo Resident
Evil 6 foi unha grande decepción para moitos seguidores da franquÃa de
Capcom, especialmente despois de que os usuarios da Nintendo 3DS puidesen gozar
do aclamado Resident Evil: Revelations,
que recuperaba en boa medida o espÃrito inicial da saga, e precisamente por iso
o seu salto a consolas domésticas parecÃa inevitable, e parece que está
confirmado, pois a entidade encargada de realizar a cualificación por idades en
Corea do Sur engadiu
na súa listaxe de videoxogos as versións de Xbox 360 e PlayStation 3 do
xogo que ata o momento é exclusivo da consola portátil de Nintendo.
Dende Capcom non quixeron confirmar a nova (é de agardar que reserven o anuncio
para algún evento posterior á campaña de Nadal), e en vista de que estariamos
ante unha conversión dun xogo portátil, non
serÃa de sorprender que fose un tÃtulo descargable.
- Resident Evil: Revelations destacou por recuperar elementos de survival horror que tanto botaban en falta os seguidores de Resident Evil dende as primeiras entregas