Resistance 3 soportará PlayStation Move e 3D
xoves, 31 de marzo do 2011- A xente de Insomniac anunciou que Resistance 3 funcionará con PlayStation Move
Os
xogos de acción en primeira persoa para PlayStation 3 están a apostar de xeito
decidido pola tecnoloxía PlayStation Move para poder disparar aos inimigos co
novo sistema de control de movemento, o que contribúe a somerxerse na
experiencia de xogo, e o estudo Insomniac Games anunciou que vai seguir esta
liña no seu Resistance 3, que non
só poderá manexarse co novo mando de Sony, sen´no que tamén será compatible coa
tecnoloxía de visualización 3D.
Resistance 3 chegará en exclusiva para
PlayStation 3 no mes de setembro, e as súas novas prestacións puideron
verse nunha versión de demostración que amosaron en Los Ángeles, na que
tamén se apreciaban múltiples detalles sobre o xogo, como a súa ambientación e
os inimigos aos que haberá que facer fronte nesta nova aventura de acción que
promete horas de diversión enfrontándose ás ameazas xurdidas da invasión
alieníxena Quimera a mediados do século XX.
- O xogo conta cunha nova ambientación e numerosos inimigos monstrosos aos que facer fronte