Resistente disco duro multimedia con soporte de vídeo en alta definición

xoves, 9 de xullo do 2009 Marcus Fernández

LaCie anunciou o lanzamento dos seu disco duro multimedia reforzado LaCinema Rugged HD, que é unha actualización dun produto anterior ao que se lle incorporou capacidade de reprodución de vídeo en alta definición, non só presentando contidos a través dun porto HDMI a 1080p, senón que tamén soportando os formatos de vídeo máis habituais para estas resolucións de vídeo.
Este disco duro chegará ao mercado nunha capacidade de 500 Gb, pode conectarse a ordenadores con Windows o Mac OS X por USB 2.0, e sorprende agradablemente ao prometer reproducir vídeos en formatos coma o H.264, MPEG-4, MPEG-2/HD, MPEG-1, XviD, VC-1 e WMV9, soportando contedores coma AVI, MP4, ISO, WMV, ASF, VOB, IFO, MPG, TS, TP, TRP, MTS, M2TS, DAT e MKV, sendo este último o máis habitual entre os contidos de alta definición compartidos a través da Internet (e soportado por poucos dispositivos na actualidade).
Este resistente disco duro sería moi axeitado para o seu desprazamento, conta cunha interface gráfica cómoda e o seu prezo de venda é de 339 euros, o que supón un incremento de prezo considerable con respecto á súa versión sen alta definición (á venda por 219,99 euros).
O LaCinema Rugged HD mide 90 x 145 x 28 mm, pesa 250 gramos e tamén reproduce bastantes formatos de audio (MP3, WMA, MP4, WAV, OGG, PCM, DTS pass-through, AC3, AAC) e imaxes (JPEG, GIF, PNG, BMP).

PUBLICIDADE