Resucita a revista de videoxogos Game Informer

martes, 25 de marzo do 2025 Marcus Fernández

O pasado verán a revista Game Informer botou o peche tras 33 anos de vida e grandes éxitos ás súas costas (chegou a ser a terceira revista en difusión nos EE.UU.), pero a crise da prensa dos videoxogos, xunto co complicado momento que está a vivir a cadea de tendas GameStop (propietaria da cabeceira) fixo inevitable esta inesperada baixa.
De xeito igualmente imprevisto chega agora o anuncio de que Gunzilla Games vén de adquirir Game Informer para traer de volta a publicación co seu equipo orixinal con Matt Miller á cabeza, quen xa anuncia o regreso da páxina web da revista.
Aseguran que a revista Game Informer manterá a súa independencia editorial, enfocándose nos xogos máis atractivos, celebrando a historia e o legado da industria do videoxogo e poñendo o foco en creadores e xogadores. Dende hoxe, a súa páxina web publica actualizacións de xeito diario con novas, análises, primeiras impresións, reportaxes e cobertura de eventos, prevendo incluso que nas vindeiras semanas a revista Game Informer volva contar cunha edición impresa.

Vídeo no que anuncian o regreso de Game Informer grazas a Gunzilla Games