Retrasan o lanzamento de Batman: Arkham Asylum

luns, 4 de maio do 2009 Marcus Fernández

Eidos anunciou que o agardado xogo Batman: Arkham Asylum non chegará ás tendas en xuño, retrasándose o seu lanzamento ata finais do verán, para poder garantir a calidade do produto. Aínda están sen concretar cal será a data final para o inicio da comercialización deste impresionante título que podería ser un dos principais lanzamentos de 2009, de aí que tanto Eidos Interactive coma Warner Bros Entertainment o coiden ao máximo.
A prórroga do xogo permitirá non só mellorar o produto, senón tamén incrementar a expectación creada ao seu redor, pois nos últimos meses leva funcionando unha promoción baseada na publicación de pequenos detalles desta produción, coma o deseño de personaxes individuais, ou vídeos nos que podemos ver o nivel gráfico e de ambientación deste título protagonizado polo Cabaleiro Escuro: