Revista en papel

luns, 20 de febreiro do 2023 Marcus Fernández

Número 262 de Código Cero en PDF

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á celebración do Día das Letras Galegas e da Internet o vindeiro 17 de maio. Tamén abordamos os seguintes temas:
– A Deputación de Lugo licita por medio millón un proxecto para ofrecer 500 cursos dixitais
– O CITIC da UDC premia a estudantes de Terapia Ocupacional por deseños inclusivos
– O Carballo Interplay comparte o seu palmarés 2025
– Pintos & Salgado advirte da expansión da IA sen supervisión en contornas profesionais
– Colle impulso en Santiago unha nova edición do festival Curtocircuíto
– Fernando Suárez, presidente do CPEIG, celebra a dobre festividade do 17 de maio
– A enxeñeira Josefina Alonso recibirá o Premio Ada Byron 2025 do CPEIG
– AMTEGA completa a dixitalización das nosas lonxas e confrarías
– A sesión extraordinaria da RAG polo 17 de maio poderá seguirse en Academia.gal
– A nosa lingua tamén ten o seu espazo en TikTok
– A 15ª edición do Concerto das Letras Galegas retransmitirase na web do CCG e en AGalega.gal
– Cultura anuncia unha iniciativa IA para celebrar o Ano Castelao
– Premiada unha mostra interactiva sobre as cantareiras
– Entrevistamos a Ramón Santos propietario da mercería La Crisálida
– Presentados no MUVI de Cangas os oito videoxogos subvencionados pola Xunta
– O Museo do Videoxogo de Galicia abre tenda propia

Números anteriores de Código Cero en papel

Tódolos números da edición en papel en formato PDF para a súa descarga.