Rhythm Thief y el Misterio del Emperador adaptarse ao iPhone
venres, 7 de setembro do 2012
Que Nintendo non pensa levar as súas grandes franquÃas (como
Super Mario Bros e The Legend of Zelda) a dispositivos
móbiles que non sexan consolas de videoxogos da súa propia marca é algo
evidente, pero as compañÃas que desenvolven xogos para as súas plataformas non
opinan igual, e ven o control táctil deseñado para as Nintendo DS e 3DS como
unha oportunidade de adaptar os tÃtulos a pantallas táctiles, de aà que non
deberÃa sorprendernos que se anuncie que o xogo Rhythm
Thief y el Misterio del Emperador, tras a súa
boa acollida na 3DS, prepare a súa chegada a iOS.
Pero a conversión da aventura musical de SEGA a trebellos móbiles de Apple non
só vai transformar o control da 3DS, senón que tamén mudará o seu modelo de
negocio, de xeito que o tÃtulo que poderÃa chegar á App Store este mesmo ano
optarÃa polo Free-to-Play, ou sexa, que descargarÃase de balde, pero poderÃanse
adquirir elementos no xogo, á vez que tamén é de agardar que conte con
elementos sociais.
- Na 3DS o xogo musical de SEGA contrólase empregando a pantalla táctil e o xiroscopio da portátil