Ribeira Store ofrece tres días de descontos ao abeiro do Black Friday

xoves, 26 de novembro do 2020 S. P.

Con motivo da celebración do Black Friday, a plataforma de comercio electrónico Ribeira Store ofrecerá a partir deste venres 27, e até o vindeiro domingo, descontos en boa parte dos produtos que alí se ofertan, procedentes dos establecementos do municipio adheridos á iniciativa de ecommerce.
Como lembraremos, Ribeira Store púxose en marcha a finais deste verán, coa participación directa de 130 negocios locais, que están a adaptarse con esta iniciativa á nova realidade da cada vez máis puxante actividade comercial dixital (e tamén a combater os graves efectos da pandemia para o tecido produtivo). A través da plataforma, e mediante o uso de computadores, móbiles e tabletas, mostran e venden os seus produtos de proximidade á veciñanza dun xeito cómodo, inmediato e seguro.
O marketplace ribeirense iniciou a súa andaina coa posibilidade de adquirir arredor dun milleiro de artigos diferentes.

PUBLICIDADE