Ribeira acolle un seminario formativo sobre facturación electrónica
mércores, 29 de xaneiro do 2025
A Fundación INCYDE e o Concello de Ribeira van organizar de xeito conxunto a xornada formativa Facturación Electrónica e Acceso á Plataforma do Sector Público, unha sesión presencial e gratuÃta onde se fará unha introdución aos ditos conceptos e ao seu marco normativo e, tamén, mostrarase como implementar a eFacturación nunha empresa ou na actividade dunha persoa autónoma con máximas garantÃas de seguridade e de protección de datos.
Tamén se botará luz en como optimizar os procesos administrativos, como acceder á Plataforma de Contratación do Sector Público, ademais de achegar detalles sobre o marco normativo da contratación pública.
A xornada será impartida por Begoña Costa, economista, mestrado en Dirección e Xestión de RRHH e socia fundadora de C&B asociados. A docente conta cunha dilatada traxectoria en consultorÃa, asesorÃa e emprendemento, como mentora especializada en finanzas, fiscalidade e financiamento de proxectos, ademais de como mentora de proxectos emprendedores.
Esta xornada celebrarase o vindeiro luns 24 de febreiro, de 16:00 a 18:00 horas no Centro Cultural Lustres Rivas e as persoas interesadas poden inscribirse a través do formulario de Google Forms (estará colgado na web do Concello de Ribeira) ou de maneira presencial na OAC e no Viveiro de Empresas do Concello de Ribeira.